Moitos son os mosteiros que se atopan na zoa. Entre outros, destaca o MOSTEIRO DE SAN LORENZO DE CARBOEIRO, antigo mosteiro benedictino. Esta obra arquitectónica reflicte o arte medieval galego. Atópase no concello de Silleda, lindeiro con A Estrada.
Outro mosteiro medieval (románico), é o MOSTEIRO DE ACIVEIRO, do século XII, considerado monumento histórico-artístico e convertido, na actualidade, en hostal-monumento. Atópase no Concello de Forcarei, no lugar de Aciveiro, a unha altitude de case 1000 metros, preto da serra do Candan.
En canto ós pazos, en A Estrada temos o privilexio de poderlles ofrecer a visita a un dos pazos máis emblemáticos da nosa xeografía: o PAZO DE OCA, de estilo barroco, tamén coñecido como o “VERSALLES GALEGO” pola beleza dos seus xardíns e a presencia de numerosas prantas ornamentais centearias, como por exemplo: camelias, azaleas, rododendros, palmeiras…
Para terminar, en pleno marco rural, atópanse numerosas igrexas románicas, ben sexa no noso concello, ou ben en concellos lindeiros (Ruta do románico Trasdeza), algunha delas situadas no camiño MOZÁRABE (Vía da prata).