Área recreativa La Barrosa

É un parque natural onde se combina natureza e arquitectura popular.

O río Barosa, no seu percorrido, forma distintos saltos de auga e pequeñas e bonitas fervenzas. Este lugar, en verán, é obxectivo de moitos visitantes que disfrutan do entorno.

Os seus 14 muiños foron recentemente restaurados. De feito, os máis grandes foron destinados á hostelería. Sen dúbida, un espacio diferente que merece a pena visitar.

Combarro

Pertence ó concello de Poio e atópase a 7 km de Pontevedra.

Sen dúbida, unha das parroquias máis fermosas da nosa provincia.

Este pequeño lugar mariñeiro atópase en plenas rías baixas e é moi coñecido polos numerosos hórreos e cruceiros da súa zona antiga.

A súa arquitectura popular e o seu gran patrimonio artístico, fixo que se declarase conxunto-histórico de interés cultural.

É un gran pracer poderse sentar nunha das súas tabernas típicas, ó lado da súa pequeña Praia, e contemplar o panorama.

Pontevedra

A capital de provincia, a antiga Pontus Veteris, é unha cidade monumental de arte e historia. De feito, conta co segundo centro histórico máis importante de Galicia, despois de Santiago. É a capital das famosas Rías Baixas, ademáis da capital do camiño portugués.

Situada a carón do río Lérez, destaca polo seu precioso casco antigo. Aconséllase visitar, entre outros lugares, a Praza da Leña e a igrexa da Peregrina, única igrexa circular con pranta e forma de cuncha existente en España.

As pontes que cruzan o río Lérez, representan tamén a esencia da cidade, sendo a ponte do Burgo (ponte vello) a máis antiga.

É unha cidade que non vos deixará indiferente.

Santiago de Compostela

Cidade emblemática, meta de peregrinación cristiá e dedicada ó apóstol Santiago. Os seus restos atópanse no interior da catedral. A cidade foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, e o seu casco antigo está considerado como un dos máis fermosos do mundo.

Á catedral pódese acceder pola entrada principal, é dicir, dende a PRAZA DO OBRADOIRO, ou dende a PRAZA DE PRATERÍAS, ou dende a PRAZA DA QUINTANA, as tres de gran beleza.

Caben resaltar as rúas próximas á catedral e, en xeral, todo o casco vello, que merece realmente a pena visitalo.

No próximo ano 2021 será o Ano Santo Compostelán, o número 120 da Historia, que se celebra cada vez que o día de Santiago, “25 DE XULLO, cae en domingo.

Illa de Arousa

A illa de Arousa, no corazón das rías baixas, é un auténtico paraíso natural.

Está unida á península por unha longa ponte de case 2 Km. As súas numerosas praias de fina area branca (máis de 11), son de auténtica beleza. A multitude de bateas, que xa se poden divisar ó cruzar a ponte, son criadeiros de mexilóns.

Ó visitala, non se pode deixar de tomar unha ración de este saboroso marisco…