Vigo e Baiona

VIGO

Conocida como a cidade olívica, é a cidade máis poboada de Galicia.

Goza dun microclima especial: invernos temperados e veráns cálidos. Por iso é a cidade con máis sol de Galicia e con menos choiva.

Destaca, entre as súas numerosas praias, a Praia de Samil, de fina area branca, con vista ás illas Cíes e á illa de Toralla.

Outro gran reclamo, é a degustación das súas famosas ostras polas rúas do centro, que, como invita a tradición, acostúmase facer na rúa acompañadas dunha copa do famoso e excelente viño albariño.

BAIONA

Baiona é unha pequeña vila situada ó sur de Vigo.

Coñécese, entre outras cousas, polo seu clima, as súas fermosas praias (máis de 4 km), o seu porto náutico e a presencia do Parador Nacional de Turismo.

O casco antigo, coas suas casas baixas de estilo mariñeiro, pequenos soportáis e pilares de pedra, esixe unha visita. No ano 1993 foi declarada de interés histórico-artístico. Merece a pena visitala.

Islas Cíes

As illas Cíes é un arquipélago de tres illas, nas que dúas delas están unidas por un areal (a praia de Rodas).

A elas pódese chegar en barco con saída dende Cangas do Morrazo ou dende Vigo.

Foron declaradas parque natural, ademais de zoa de protección especial para as aves. Non é difícil poder divisar golfiños, tartarugas mariñas ou observar preto da beira numerosas anémonas ou ourizos de mar.

Un auténtico paraíso. De feito, o xornal británico “Guardian” considerou, no ano 2007, a praia de RODAS como a mellor praia do mundo.

A fervenza do Ézaro (Dumbría)

A fervenza do Ézaro (Dumbría) fórmase na desembocadura do río Xallas ó mar.

É o único río en Europa que desemboca no mar en forma de fervenza. O desnivel é espectacular (150 metros) e o salto é de 40 metros. A apertura das comportas en días puntuais aumenta o caudal do río ofrecendo un espectáculo único.

Ó lado do Ézaro, atópase o monte Pindo, lugar de lendas, maxias e de contos pre-históricos. Excursión moi recomendada.

A Costa da Morte e Cabo Fisterra

A costa da Morte está situada no extremo noroeste de Galicia.

Chámaselle así polos numerosos naufraxios que se produciron nela, sendo o máis famoso o do navío Serpent, no que perderon a vida 172 persoas que foron sepultadas no coñecido “Cementerio dos ingleses”. A partir deste naufraxio, no lugar construiuse un faro (cabo Vilan, Camariñas), o primeiro faro eléctrico de España.

A costa da Morte termina en Fisterra, declarado patrimonio Europeo, lugar que constitúe a meta final de moitos peregríns que deciden, despois de chegar a Santiago, proseguir o camiño ata esta localidade, pasando por Muxía, onde se atopa o coñecido santuario VIRXEN DA BARCA.

Fiesta del Marisco – O Grove

A festa celébrase na localidade de O Grove (Rías baixas). É un interesante evento gastronómico-cultural, que resalta uns dos productos
máis típicos da nosa terra: O MARISCO.

Durante a festa póñense á venta mariscos e peixes a precios populares, preparados e servidos polos habitantes do lugar. Os excelentes productos atraen cada ano a miles de persoas, convertíndose a localidade nun referente, de aí o nome de “PARAÍSO DO MARISCO”.

Ademais das degustacións, música e bailes amenizan a festa… toda unha diversión.

Cada ano, no mes de outubro

Romería Vikinga – Catoira

Cada primeiro domingo de agosto miles de persoas acuden a CATOIRA, para presenciar esta divertida festa popular.

Os habitantes de Catoira disfrázanse de guerreiros vikingos, e represéntase o ataque pirata ó pobo.

A festa desenvólvese no emblemático lugar das TORRES DO OESTE. Trátase dos restos de dúas torres e unha ermida, que no seu momento foi un conxunto fortificado (Século I a.c.).

A bordo dunhas réplicas de barcos vikingos (século XI) CHEGAN OS INVASORES DO NORTE, CO OBXETIVO DE TOMAR POSESIÓN DA TORRE, e os habitantes intentan resistir o ataque.

Prodúcese unha liorta, onde os participantes acaban empapados de viño…

Despois da loita, todos xuntos disfrutan dunha comida de confraternidade con productos típicos, acompañados do son das gaitas.

Xenerais da Ulla – Comarca da Ulla

Na comarca “do ULLA”, en época de carnavais, é cando se pode disfrutar deste espectáculo, o máis destacado nesta comarca, e que se leva a cabo dende a primeira metade do século XIX.

Os “xenerais” van a cabalo disfrazados con preciosas vestimentas militares que inclúen adornos carnavalescos, igual que os cabalos. Estas vestimentas chaman a atención pola súa orixinalidade, cores vivas, tradición e grao de elaboración, o que fai que teñan un grandísimo valor.

As figuras recrean momentos históricos de enfrentamentos bélicos que se viviron nesta comarca: a invasión do exército de Napoleón ou as guerras carlistas.

Os xenerais recorren as parroquias ó largo do día, acompañados de comparsas e parrandas.

Terminan escenificando enfrentamentos dialécticos por parellas, aproveitando facer burlas e sátiras de asuntos locais, de política e de corazón acontecidos durante o ano.

A Rapa das Bestas – A Estrada

Sabucedo é unha parroquia situada ó sur do concello de A Estrada, cunha extensión de 5,9 km2. Conta con unha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes.
Sen embargo, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de tódalas que integran o noso legado cultural: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO.

A rapa comeza rememorando en vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a misa da alba pídese protección a San Lourenzo para Os animais e as persoas que participan na festa. A continuación súbese ó monte a buscalos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupo reunindo as manadas. Finalmente o sábado lévanse ó curro situado na aldea.

A parte máis espectacular da festa é o curro, onde os “aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ó animal e cortarlle as crinas.

Existe unha zoa de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.

A Coruña

A Coruña é una bela e elegante cidade ó norte de Santiago, coñecida como o balcón do Atlántico. A torre de Hércules, faro romano actualmente en funcionamento, é patrimonio da Humanidade. É o símbolo da cidade.

 

 

 

Lugares para visitar:

  • A praza de María Pita, en pleno casco antigo, a súas fermosas galerías.
  • O Castelo de San Antón.
  • A Praia de Riazor, en pleno centro.