Mosteiros, pazos e ruta do románico

Moitos son os mosteiros que se atopan na zoa. Entre outros, destaca o MOSTEIRO DE SAN LORENZO DE CARBOEIRO, antigo mosteiro benedictino. Esta obra arquitectónica reflicte o arte medieval galego. Atópase no concello de Silleda, lindeiro con A Estrada.

Outro mosteiro medieval (románico), é o MOSTEIRO DE ACIVEIRO, do século XII, considerado monumento histórico-artístico e convertido, na actualidade, en hostal-monumento. Atópase no Concello de Forcarei, no lugar de Aciveiro, a unha altitude de case 1000 metros, preto da serra do Candan.

 


 
En canto ós pazos, en A Estrada temos o privilexio de poderlles ofrecer a visita a un dos pazos máis emblemáticos da nosa xeografía: o PAZO DE OCA, de estilo barroco, tamén coñecido como o “VERSALLES GALEGO” pola beleza dos seus xardíns e a presencia de numerosas prantas ornamentais centearias, como por exemplo: camelias, azaleas, rododendros, palmeiras…

 

 


 
Para terminar, en pleno marco rural, atópanse numerosas igrexas románicas, ben sexa no noso concello, ou ben en concellos lindeiros (Ruta do románico Trasdeza), algunha delas situadas no camiño MOZÁRABE (Vía da prata).

Ponte colgante e áreas recreativas


Trátase dun dos lugares máis fermosos do noso concello: a ponte colgante de Xirimbao. Esta ponte cruza de lado a lado o río Ulla, comunicando as provincias de Pontevedra e A Coruña. Este lugar, que conta ademáis cunha área recreativa, é un dos tres coutos salmoneiros (Couso, Sinde e Xirimbao) de A Estrada.

Outra área recreativa de interés, é a da Carixa, no concello de Vila de Cruces, a carón do río Deza, con parque infantil, locais de ocio e piscina natural.

Fervenzas

A poucos minutos da casa, hai numerosos e pequenos regueiros, con fervenzas de auga que no seu día foron aproveitadas para instalar muiños, algúns ainda existentes e restaurados: pincho de Curantes, fervenza de Callobre…

De maior importancia é o salto que forma o RÍO TOXA, a conocida FERVENZA DO TOXA, cunha caída de 60 metros, a máis alta de Galicia. Encóntrase no concello de Silleda e para chegar a ela hai que percorrer un fermoso camiño nun espacio natural único e de singular beleza.

Sen dúbida, una das excursións máis recomendadas.

Arte rupestre e conxuntos Histórico-Monumentais

Para os apaixoados do arte rupestre, ofrecémoslle a visita ó recinto ARQUEOLÓXICO de ARTE RUPESTRE, en Campo Lameiro, un recinto de máis de 21 hectáreas, onde encontrar grabados rupestres en óptimo estado de conservación, petroglifos e a recreación de un pequeno poboado de hai máis de 4000 anos. Existe tamén un centro de interpretación-museo de 5000 m2.

Toda una ledicia.

Moi interesante é a visita a “PEDRE”, no concello de Cerdedo. Pedre, coñecida tamén como a “Combarro interior”, é un lugar onde se atopan numerosos hórreos (antigos graneiros de pedra), na chamada “eira grande”.

Estes horreos, 22 en total, datan do ano 1899. Tiñan a función de almacén de millo. Están aillados do terreo por varios pés de pedra. Dende a Eira grande, pódese chegar á ponte románica de Pedre, sobre o río Lerez.

Sendeirismo

Son moitas as rutas de sendeirismo que se poden realizar a escasos minutos da casa, de dificultade e tempo medio.
Cruzando regueiros, carballeiras, pasando por pobos semi-abandoados… é unha sensación de regreso ó pasado, que non os deixará indiferentes.

Área recreativa La Barrosa

É un parque natural onde se combina natureza e arquitectura popular.

O río Barosa, no seu percorrido, forma distintos saltos de auga e pequeñas e bonitas fervenzas. Este lugar, en verán, é obxectivo de moitos visitantes que disfrutan do entorno.

Os seus 14 muiños foron recentemente restaurados. De feito, os máis grandes foron destinados á hostelería. Sen dúbida, un espacio diferente que merece a pena visitar.

Combarro

Pertence ó concello de Poio e atópase a 7 km de Pontevedra.

Sen dúbida, unha das parroquias máis fermosas da nosa provincia.

Este pequeño lugar mariñeiro atópase en plenas rías baixas e é moi coñecido polos numerosos hórreos e cruceiros da súa zona antiga.

A súa arquitectura popular e o seu gran patrimonio artístico, fixo que se declarase conxunto-histórico de interés cultural.

É un gran pracer poderse sentar nunha das súas tabernas típicas, ó lado da súa pequeña Praia, e contemplar o panorama.

Pontevedra

A capital de provincia, a antiga Pontus Veteris, é unha cidade monumental de arte e historia. De feito, conta co segundo centro histórico máis importante de Galicia, despois de Santiago. É a capital das famosas Rías Baixas, ademáis da capital do camiño portugués.

Situada a carón do río Lérez, destaca polo seu precioso casco antigo. Aconséllase visitar, entre outros lugares, a Praza da Leña e a igrexa da Peregrina, única igrexa circular con pranta e forma de cuncha existente en España.

As pontes que cruzan o río Lérez, representan tamén a esencia da cidade, sendo a ponte do Burgo (ponte vello) a máis antiga.

É unha cidade que non vos deixará indiferente.

Santiago de Compostela

Cidade emblemática, meta de peregrinación cristiá e dedicada ó apóstol Santiago. Os seus restos atópanse no interior da catedral. A cidade foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, e o seu casco antigo está considerado como un dos máis fermosos do mundo.

Á catedral pódese acceder pola entrada principal, é dicir, dende a PRAZA DO OBRADOIRO, ou dende a PRAZA DE PRATERÍAS, ou dende a PRAZA DA QUINTANA, as tres de gran beleza.

Caben resaltar as rúas próximas á catedral e, en xeral, todo o casco vello, que merece realmente a pena visitalo.

No próximo ano 2021 será o Ano Santo Compostelán, o número 120 da Historia, que se celebra cada vez que o día de Santiago, “25 DE XULLO, cae en domingo.

Illa de Arousa

A illa de Arousa, no corazón das rías baixas, é un auténtico paraíso natural.

Está unida á península por unha longa ponte de case 2 Km. As súas numerosas praias de fina area branca (máis de 11), son de auténtica beleza. A multitude de bateas, que xa se poden divisar ó cruzar a ponte, son criadeiros de mexilóns.

Ó visitala, non se pode deixar de tomar unha ración de este saboroso marisco…