Sabucedo é unha parroquia situada ó sur do concello de A Estrada, cunha extensión de 5,9 km2. Conta con unha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes.
Sen embargo, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de tódalas que integran o noso legado cultural: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO.
A rapa comeza rememorando en vínculo ancestral dos cabalos co divino. Durante a misa da alba pídese protección a San Lourenzo para Os animais e as persoas que participan na festa. A continuación súbese ó monte a buscalos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupo reunindo as manadas. Finalmente o sábado lévanse ó curro situado na aldea.
A parte máis espectacular da festa é o curro, onde os “aloitadores” e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo, para inmobilizar ó animal e cortarlle as crinas.
Existe unha zoa de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.